Moda galega, feita en Galicia
Prendas sostibles de edición limitada
OUTONO-INVERNO
Nova Colección AW '24
MODA SOSTIBLE
Producimos as nosas prendas de xeito sostible e ético, con remates artesanais en pequenos obradoiros locais, cuxo bo facer se traduce nunha calidade excepcional.
MODA RESPONSABLE
Creamos coleccións de edición limitada para evitar a sobreproducción e o consumo excesivo de recursos, alineándonos cunha moda consciente e responsable.
MODA GALEGA
Temos a sorte de pertencer a unha rexión cunha gran cultura textil, o que nos permite crear e fabricar prendas de alta calidade de KM0 sen saír de Galicia.
Sustentabilidade e ética
ROUPA FEITA EN GALICIA
Cada unha das pezas de ROADE é deseñada e producida en Galicia, desde o esbozo ata a última puntada, asegurando un proceso de creación íntegramente local dentro dun radio de 50 km. Esta proximidade non só nos permite garantir unha alta calidade senón tamén apoiar a economía local creando moda 100% galega.
Non só somos unha marca de KM0, senón que tamén utilizamos tecidos sostibles como o algodón orgánico e o liño tinxido con tintas ao auga libres de tóxicos, seleccionados meticulosamente polo seu baixo impacto ambiental. A nosa produción sostible respecta o planeta asegurando, ademais, a saúde e o benestar dos nosos clientes e dos que participan no proceso de fabricación.
Enviamos todos os pedidos nun envoltorio completamente libre de plástico, feito con cartón e papel reciclado certificado polo FSC, deseñado non só para minimizar os residuos, senón tamén para garantir un reciclaxe ou compostaxe eficiente.