Ir ao contido

Cesta

A cesta está baleira

Fabricación local

Galicia é recoñecida pola súa rica tradición textil, destacando como unha rexión de España especialmente relevante nesta industria.

Como marca orgullosamente galega, elixir fabricar no lugar de onde somos non só é algo natural, senón tamén unha estratexia consciente para apoiar ó sector textil galego.

Esta decisión permítenos asegurar unha produción da máis alta calidade ao mesmo tempo que participamos activamente no desenvolvemento económico sostible da zona.

Cremos firmemente que o crecemento empresarial sostible debe fundamentarse no aproveitamento e valorización dos recursos locais. En consonancia con estes principios, cada unha das nosas pezas é confeccionada con esmero en obradoiros familiares galegos, cos que mantemos relacións xustas e duradeiras baseadas na cooperación e o respecto, garantindo así a excelencia e a atención ao detalle que define á nosa marca.

Estamos orgullosos de fomentar un modelo de negocio que non só destaca pola súa calidade superior, senón que tamén reflicte un compromiso inquebrantable coa sustentabilidade e a ética na fabricación.

TECIDOS ORGÁNICOS

Empregamos materiais de calidade, saudables e libres de compoñentes tóxicos.

PRODUCIÓN LOCAL

Producimos prendas de edición limitada en obradoiros familiares de Galicia.

ÉTICA E RESPONSABILIDADE

Comprometidos a crear un impacto positivo en toda a cadea de valor.