Ética e responsabilidade
A economía non pode ser máis importante que o planeta e a humanidade.
Aínda que preferimos que o noso estilo e a calidade das nosas creacións fale por nós, é crucial recoñecer que a industria téxtil é unha das máis contaminantes e crueis a nivel global. Por iso, é vital subliñar o noso compromiso fronte á desproporción.
Máis alá de empregar tecidos e materiais orgánicos, adoptamos un enfoque de producións de edición limitada. Esta estratexia consciente permítenos previr a sobreproducción e, como resultado directo, reducir o desperdicio téxtil. Cremos que non hai prenda máis sostible que a que non se produce.
Comprometidos coa xustiza social, defendemos salarios dignos que fomenten vidas prósperas e felices. O noso compromiso transcende o enriquecemento persoal; somos parte dun tecido empresarial que promove unha industria téxtil xusta coas persoas e respectuosa co medio ambiente.