Términos del servicio
Identificación
A páxina web http://roade.es/ onde formalizas a túa compra é propiedade de Nakeep S. Coop. Galega (en diante, ROADE), C/Hortensia 12, 15185 Cerceda (A Coruña), España, CIF F70568621, Correo electrónico: info@roade.es
Aceptación
Calquera compra que realices a través da pasarela de pago desta páxina web leva consigo a aceptación de todas e cada unha das condicións descritas no noso Aviso legal e na Política de privacidade tal e como aparecen no sitio web de ROADE antes de adquirir calquera dos produtos, sen ser de aplicación as novidades que poidan producirse nas cláusulas das Condiciones Xerais posteriormente.
Dende o momento en que fas unha compra, obtés a condición de cliente de ROADE que se describe nas condicións descritas no noso Aviso legal e na Política de privacidade. Calquera produto ou servizo que se ofreza posteriormente por parte de ROADE formará parte dunha nova contratación.
Se o cliente desexa ler máis detidamente estas condicións, pode revisalas nas seguintes ligazóns: Aviso legal, Política de privacidade, dispoñibles tamén sempre na parte inferior desta web.
ROADE informa que conservamos todos os documentos electrónicos que quedan rexistrados nas compras.
Prezos
Os prezos de cada produto son os indicados na nosa web o día da súa compra ou pedido. Todos os nosos prezos inclúen impostos.
As ofertas amosaranse e marcaranse claramente, amosando adecuadamente o prezo anterior e o novo prezo.
ROADE resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas en calquera momento e sen previo aviso, puidendo actualizar produtos e servizos diariamente dependendo do estado do mercado.
Métodos de pagamento
Os nosos clientes poden utilizar os seguintes métodos de pagamento para pagar os seus pedidos:
- PayPal
- Tarxeta de crédito
- Transferencia bancaria
- Shopify Pay
- Google Pay
- Apple pay
- Klarna
Se tes dúbidas, podes poñerte en contacto connosco: info@roade.es