Unha idea feita realidade
Imaxinamos unha moda intemporal de calidade, deseñada para perdurar no tempo. Honesta, xusta, con sólidos principios morais.
Dirixida a mulleres que elixen conscientemente o que escoitan, o que ven, o que viven. Mulleres realistas e comprometidas, amantes da natureza. Culturalmente activas e cun profundo sentido estético.
Un estilo elegante e puro, que se aparta da ostentación e se enfoca na importancia dos pequenos detalles.
E así, fixémola realidade.
Benvida a ROADE.
Roade é unha invitación a vivir a moda de xeito consciente, recuperando a singularidade desas pezas inesquecibles.